Debaixo da auga

Debaixo da auga

Debaixo da auga

Debaixo da auga

debaixo da auga

debaixo da auga

Illa de Tambo

Illa de Tambo

DESCENSO DEL RÍO LEREZ PONTEVEDRA

Bridge Quireza River


Lacerta schreiberi

O lagarto das silvas, lagarto verde galego ou lagarto arnal (Lacerta schreiberi, Bedriaga, 1878) é unha especie da familia Lacertidae. É un lagarto de cabeza curta e ancha; a cola é o dobre de longa cá lonxitude do corpo. Esta especie, en xeral, é verde e co abdome amarelento. Os machos, ademais conteñen unha coloración negruzca, substituída nas femias por unha cor parda e na época de celo o macho ten o pescozo azulado. A súa lonxitude total non sobrepasa os 4 dm. Cando é perseguido non dúbida en agabear ás árbores. Só vive nas montañas do oeste da Península Ibérica. Tende a habitar en lugares húmidos, como nas beiras dos ríos. A alteración do seu hábitat está a provoca-la mingua da súa poboación.
Fuente:Wikipedia


Chioglossa lusitanica

La salamandra rabilarga (Chioglossa lusitanica) es una especie de de anfibio urodelo de la familia Salamandridae, endémica del noroeste de la península ibérica, llegando hasta el río Tajo por Portugal. Es una salamandra pequeña, alargada y esbelta con una cola muy larga que puede amputarse como el rabo de las lagartijas.

Es una especie protegida por el Convenio de Berna y aparece en el Real Decreto 439/1990, que regula el catálogo de especies amenazadas en España. Catalogada como «vulnerable» en la Lista Roja de la UICN, sus mayores amenazas son la contaminación por productos agro-químicos, pérdida de hábitat boscoso adyacente a los arroyos, detracción de agua para riegos y otros usos, canalizaciones de los arroyos, plantaciones de eucaliptos y pinos y pérdida de hábitat por incendios forestales.

Si bien su hábitat es preferentemente en las zonas sombrizas y húmedas del bosque caducifolio, este anfibio pervive de igual manera en las plantaciones de eucaliptos, con tal de que existan cursos de agua en una zona próxima, lo que permite interpretar que en el ambiente climático del noroeste peninsular la desecación que ocasionarían los eucaliptos no es excesiva (Arnold y Burton, 1987; Vences, 1988 y 1990).

Fuente: Wikipedia



Pontenova


Muiño de Cutián

Estado de conservación do interior do Muiño de Cutian

Xunqueira de Alba

ORDE do 27 de agosto do 2012 pola que se declara, de maneira definitiva, como espazo natural de interese local o espazo Xunqueira de Alba, no concello de Pontevedra.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, recoñece os espazos naturais de interese local como unha das categorías en que se clasifican os espazos naturais protexidos. O artigo 17 desta lei establece que por petición do concello e logo dos informes perceptivos pertinentes, a consellería competente en materia de conservación da natureza poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles espazos integrados no seu termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.
A declaración dun espazo natural de interese local é competencia da consellería competente en materia de conservación da natureza, mentres que a responsabilidade e competencia da súa xestión será municipal. Así mesmo, a declaración dun espazo natural de interese local non comporta a súa inclusión na Rede galega de espazos naturais protexidos, nin implicará a asignación de recursos económicos da Xunta de Galicia para a súa xestión e conservación.
A regulación dos espazos naturais de interese local recollida na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, foi desenvolvida polo Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura do espazo natural de interese local e a figura do espazo privado de interese natural. O artigo 4 deste decreto recolle a posibilidade que ten a consellería competente en materia de conservación da natureza de declarar, de xeito provisional, un espazo natural de interese local por un prazo non superior a dous anos, debendo presentar dentro deste prazo os promotores, como requisito imprescindible para a declaración do espazo natural de interese local, o plan de conservación deste espazo.
Mediante a Orde do 21 de outubro de 2009 (DOG nº 210, do 27 de outubro), declarouse de forma provisional o ENIL Xunqueira de Alba, localizado no concello de Pontevedra. Durante a declaración provisional, e como requisito imprescindible para a súa declaración definitiva, o Concello de Pontevedra debía presentar ante a consellería competente o plan de conservación do espazo, o que fixo ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o pasado 13 de xaneiro de 2011.
O plan de conservación presentado é conforme cos contidos mínimos referidos no artigo 38 da lei, e desenvolvidos polo Decreto 124/2005, do 6 de maio, establecendo o réxime de uso e as actividades permisibles, así como as limitacións que se consideren necesarias para a conservación do espazo, polo que tras a realización dos trámites referidos elevaráselle ao Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación mediante decreto, en cumprimento do artigo 40 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
O ENIL Xunqueira de Alba comprende, de acordo coa delimitación establecida na Orde do 21 de outubro de 2009 de declaración provisional, unha superficie de 67 ha, incluíndo terreos clasificados como dominio público marítimo-terrestre, conforme o deslindamento vixente (Orde ministerial do 20 de agosto de 1996). A declaración como ENIL non implicará a cesión do dominio público nin a súa utilización significará a cesión das facultades demaniais da Administración do Estado. Todo iso sen prexuízo dos aproveitamentos comunais en favor da comunidade de Campañó, respecto dos montes veciñais en man común que se ven afectadas pola declaración do ENIL, recoñecidos na sentenza do Tribunal Supremo (989/1994), así como os aproveitamentos en favor da comunidade da parroquia de Lérez.
A presente orde ten por obxecto declarar, de xeito definitivo, o lugar de Xunqueira de Alba, no concello de Pontevedra, como espazo natural de interese local, unha vez constatadas as singularidades que presenta este espazo natural que o fan merecente da protección dos seus valores naturais e despois da presentación do correspondente plan de conservación.
Polo exposto, no uso das atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Primeiro. Declaración definitiva de Xunqueira de Alba como espazo natural de interese local
Declárase definitivamente como espazo natural de interese local o espazo Xunqueira de Alba, no concello de Pontevedra (Pontevedra), por proposta deste concello.
Segundo. Límites
A extensión e límites do espazo natural de interese local de Xunqueira de Alba son os sinalados no anexo desta orde.
Terceiro. Xestión
Será responsabilidade e competencia do Concello de Pontevedra a xestión do espazo natural de Xunqueira de Alba, de acordo co plan de conservación aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.
Cuarto. Efectos
1. A declaración definitiva de Xunqueira de Alba como espazo natural de interese local non leva aparellada a súa inclusión na Rede galega de espazos naturais protexidos.
2. A declaración definitiva de Xunqueira de Alba como espazo natural de interese local non implicará a asignación de recursos económicos da Xunta de Galicia para a súa xestión e conservación.
3. Con posterioridade á tramitación e aprobación desta orde procederase á aprobación do correspondente plan de conservación, aprobación que deberá ser realizada polo Consello da Xunta de Galicia, en cumprimento do artigo 40 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
Quinto. Extinción
1. Mediante orde do conselleiro competente en materia de conservación da natureza poderase poñer fin aos efectos da declaración definitiva de Xunqueira de Alba como espazo natural de interese local se desaparecesen as causas que motivaron a protección deste espazo e non fosen susceptibles de recuperación ou restauración.
2. A consellería competente en materia de conservación da natureza poderá iniciar expediente para retirar a condición de espazo protexido no caso de que non se cumpran as finalidades de conservación recollidas na declaración do espazo, ou se detecta desviacións importantes, respecto ao plan de conservación aprobado.
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2012
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas


 

2009 ·O RÍO LÉREZ by TNB