Debaixo da auga

Debaixo da auga

Debaixo da auga

Debaixo da auga

debaixo da auga

debaixo da auga

Illa de Tambo

Illa de Tambo

Pontes do río Lérez


Denominación

Emprazamento

Data

Observacións
Ponte da RíaPontevedra-Poio1993AP-9
Ponte da BarcaPontevedra-Poioséculo XIX
Ponte do BurgoPontevedraséculo XIICamiño portugués a Compostela
Ponte de SantiagoPontevedraséculo XXN-550
Ponte dos TirantesPontevedra1995
Ponte do trenPontevedraséculo XX
Ponte colganteTenorio (Cotobade)século XX
Ponte de CutiánCutián (Cotobade)século XX
Ponte de FentánsSan Xurxo de Sacos (Cotobade)século XXI
A ponte novaSan Xurxo de Sacos (Cotobade)século XVIII
Ponte de PedrePedre (Cerdedo)romanaantigo camiño de peregríns
Ponte de VichocuntínPedre (Cerdedo)
Ponte das ValoutasCerdedo (Cerdedo)
Ponte Nova do PegoParada (Cerdedo)
Ponte de ParadaParada (Cerdedo)
Ponte GomailForcarei (Forcarei)románica
Ponte NovaForcarei (Forcarei)século XX
Ponte do BatánForcarei (Forcarei)
Ponte MarilForcarei (Forcarei)
Ponte de ValiñasForcarei (Forcarei)
Ponte do CregoDúas Igrexas (Forcarei)
Ponte Nova do CregoDúas Igrexas (Forcarei)
Ponte da CarballaDúas Igrexas (Forcarei)
Ponte Nova
de Andón
O Aciveiro (Forcarei)
Ponte
Vella de Andón
O Aciveiro (Forcarei)
Fonte principal: wikipedia.org

Marismas sin celulosas

Lic Río Lérez

Código do LIC
ES1140002

Situación

Tramo baixo do río Lérez ata a súa desembocadura na ría de Pontevedra. Localidades de referencia: Pontevedra, A Lagoa-Campo Lameiro.

Concellos

Pontevedra, Campo Lameiro, Cotobade.

Superficie

18,60 ha.

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (''Río Lérez'', 149 ha).

Accesos

Tomando como base a cidade de Pontevedra, a estrada N-541 discorre máis ou menos en paralelo ao río ata San Xurxo de Sacos. Diversas estradas locais e secundarias (PO-223, PO-231), permiten o achegamento a diferentes puntos do LIC.

Descrición

Tramo de curso baixo do río Lérez (altura media: 66 m), ao longo dos seus últimos 18 km, desde Mourente, nas inmediacións da cidade de Pontevedra, ata as proximidades dos lugares de Praderrei e Fentáns, leito arriba. Nesta zona, o río presenta un percorrido sinuoso e de escasa pendente (0,35%), e discorre sobre un substrato petrolóxico principalmente granítico e, nalgúns puntos, de gneis glandular. Entre os pequenos afluentes que se lle incorporan destacan o río Almofrei e os regatos dos Calvos, Maneses e Tenorio. Á altura de Campo Lameiro o seu caudal absoluto é de 14,4 m3/seg, mentres que na súa desembocadura é de 21,2 m3/seg. Como corresponde á área xeográfica na que se inclúe, o período de maior caudal vai de decembro a marzo, con máximos en febreiro, mentres que os mínimos alcánzanse en setembro. Boa parte do tramo protexido coincide cos coutos de pesca de Monteporreiro (4 km), Bora (6,5 km) e Cutián (6,2 km).

Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual oscilante entre os 1.600 mm (Pontevedra) e os 2.000 mm (Campo Lameiro), temperaturas medias desde os 15,2 ºC aos 11,8 ºC e ausencia de xeadas no seu sector máis baixo, que inciden xa considerablemente, ata unha media de 99 días anuais, no seu tramo más alto.

Hábitats

Hábitats de interese comunitario (incluidos no Anexo I da Directiva 92/43/CEE) presentes no LIC:

■Uceiras secas europeas.

■Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo.

■Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

■Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica.

Flora e vexetación

Peto real (Dendrocopos major).De interese principalmente polos seus tramos ben conservados de bosque-galería ou ameneiral ribeirego (asociación Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae), dominado polo ameneiro, Alnus glutinosa, e acompañado de salgueiros (Salix spp.), abeleiras (Corylus avellana), carballos (Quercus spp.), freixos (Fraxinus angustifolia), e sanguiños (Frangula alnus) entre outras especies arbóreas. O cortexo arbustivo e herbáceo é excepcionalmente rico neste tipo de bosque, e inclúe diversas especies de fieitos, como Osmunda regalis. Estes arboredos cobren un 22% do LIC.

Fauna

Libellula spp.Numerosas especies de invertebrados asociados ao río e ao bosque de ribeira, entre as que se contan algunhas recollidas no anexo II da Directiva Hábitats, como o caracol (Elona quimperiana), os odonatos (Coenagrion mercuriale e Oxigastra curtisii), a vacaloura (Lucanus cervus), e o cerambícido (Cerambyx cerdo).

A fauna ictiolóxica constitúe un dos maiores valores naturais da área, e inclúe unha serie de taxons endémicos e ameazados, como o salmón (Salmo salar), que mantén unha poboación reducida, a forma migratoria da troita ou reo (Salmo trutta trutta),o cacho (Squalius carolitertii), e a anguía (Anguilla anguilla).

Outros vertebrados de especial interese asociados ao medio fluvial son o desmán ibérico (Galemys pyrenaicus), e a lontra (Lutra lutra), entre os mamíferos, e o picapeixe (Alcedo atthis), e o merlo rieiro (Cinclus cinclus), entre as aves. Ademais, o endémico lagarto das silveiras (Lacerta schreiberii), encóntrase nos bordos do bosque ripario e os prados con arbustos e, por outra parte, existe unha rica avifauna propia do ameneiral e os demais ambientes próximos ao río, entre a que cabe sinalar o falcón pequeno (Falco subbuteo), o moucho de orellas (Otus scops), ou o ouriolo (Oriolus oriolus).

Lexislación

Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG n.º 69, do 12 de abril de 2004).

Resolución do 30 de abril de 2004 (DOG n.º 95, do 19 de maio de 2004).

Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004 (Diario Oficial da Unión Europea, L 387, do 29 de decembro de 2004).
 

2009 ·O RÍO LÉREZ by TNB